jueves, 14 de febrero de 2013

Dragal I: A herdanza do dragón



Sinopsis:

Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás. Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega cunha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de Dragal , o dragón galego.

Datos de interés:

  • Nº de páginas: 264 págs.
  • Editorial: XERAIS
  • Lengua: GALLEGO
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • ISBN: 9788499141343
  • Año edicón: 2010
  • Plaza de edición: VIGO

Resumen de cole por orden:

Neste capítulo cóntase que Dragal intercambia nunha mirada porque lle chisco un ollo ao sacar un 10 na proba de matemáticas.
A nai de Hadrián lle da o medallón con forma de Dragón e nota que se move.
O medallón móvese e recorda que o pai lle conta a historia de que había un dragón que en segredo algunhas persoas protexiano.
Don Xurxo ensínalle o dragón da igrexa e queda con Mónica para contarlle todo o de Dragal.
Cóntalle a Mónica o do medallón xa que quedaron para facer un traballo.
Encontran un libro moi interesante (Segredos da Alquimia) na biblioteca do bisavó.
Escoita moito ao dragón e anota todo o que di no seu pupitre. Dona Ermides (profe de mates) Riñeo e fai un exame sorpresa.
Mónica pásase toda a tarde buscando información sobre Dragal e só encontra un debuxo do medallón que poñía “reprodución do medallón do gran mestre da orde de Dragal”
Hadrián está toda a tarde buscando no libro da biblioteca e encontra que o dragón contén os catro elementos: auga, lume, terra e aire (metamorfose)
Dragal axúdao a facer o exame e Hadrián vai dar un paseo polas pozas da vila. Nunha poza hai unha lenda que di que nas profundidades hai unha princesa custodiado por un dragón. Recordando ao seu pai, Hadrián lánzase a poza.
Tras presentar o traballo de lingua, Mónica e Hadrián van a San Pedro e tras unha “visita turística” por San Pedro, Don Xurxo dalle un libro que contén segredos de San Pedro. (Historia da Igrexa de San Pedro de frei Paulo de Misteri)
Os rapaces ao ler o libro non entenden nada xa que fala da primeira igrexa e das catacumbas
Tras descubrir que os amigos de Brais os seguían, Hadrián pídelle confesión a Don Xurxo para falar das catacumbas e dille que volva cando estea preparado.
Os dous amigos buscan sinais sobre as catacumbas e deciden que hai que comprar material para a expedición.
Os amigos van a cidade a comprar todo o material e despois a falar con Don Xurxo que lle conta máis cousas sobre as catacumbas.
Hadrián encontrou a Mónica e contoulle todo, logo Hadrián no xantar pregúntalle á nai sobre o seu pai.
Os amigos baixan as catacumbas e encontran varias pistas pero deciden volver porque lles queda pouco tempo.
Os amigos investigan e deciden baixar de novo as catacumbas e encárgase Mónica de poder baixar.
Baixando as catacumbas Brais os sigue e para despistarlle Mónica decide berrar para que os morcegos lle atormenten pero tras un movemento de terra Hadrián e Mónica quedan atrapados.
Brais sae das catacumbas e encontra ao sacerdote quen o tranquiliza e escoita todo o que pasou nas catacumbas, logo Don Xurxo baixa as catacumbas pero non encontra aos amigos e decide subir.
Os mozos seguen o camiño e se desvían por un camiño que lle din Dragal e encontran unha sala enorme onde Hadrián deixa o seu medallón e aparece unha esfera que lles fala e logo aparece unha armadura con escamas;  caese unha e o mozo o colle e lle queima e aparécelle a marca do dragón na man. Chegan a un lugar onde hai unhas pozas que conectan co exteriore como Hadrián sufría transformacións lle di a Mónica que fuxa se non quere ser deborada polo dragón, pero como non saia, foi Hadrián primeiro e desapareceron todas as transformacións. Os dou saen das catacumbas.
Hadrián e Dragal manteñen unha conversa onde Hadrián consigue parar a Dragal meténdoo nun espello.
 En clase a policía entra e sacan a Mónica e Hdrián e lles din que están acusados por Brais de roubo na igrexa, pero a policía non descubre nada.
Os policías investigan na igrexa e Hadrián descubre que Don Xurxo estaba ocultando o das catacumbas facendo como se ouviran roubado e por pouco por un excremento de morcego os descobren pero o sacerdote lles fai pensar que foron uns morcegos que el tiña.
Dragal xa non pudía ser controlado e Hadrián foxe as pozas onde Dragal retorna e decide camuflarse na sociedade.

Autora: (Elena Gallego Abad)


Elena Gallego Abad, nada en Teruel o 27 de maio de 1969, é unha xornalista e escritora galega.
Criouse en Verín. Iniciouse como xornalista en 1987 na emisora de Radio Ourense, pertencente á Cadena SER. Até 1999 traballou noutras emisoras como Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio (Verín) e Onda Cero Ourense
Traxectoria
Entre 1994 e 1996 colaborou como redactora e fotógrafa para os xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1999 pasou a traballar no Faro de Vigo nas delegacións de Ourense e Pontevedra. Dende 2002 traballa en Cangas.
Iniciouse como escritora coa novela Dragal, a herdanza do dragón, publicada por Edicións Xerais en abril de 2010.
Obra literaria
Narrativa
·         Dragal, A herdanza do dragón, 2010, Xerais.
·         Dragal II. A metamorfose do dragón, 2011, Xerais.
·         Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012, Xerais.
Premios
·         Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo da Deputación de Ourense no apartado de Medios Audiovisuais no 2008, pola produción e realización do programa A Fiestra, de Onda Cero Ourense.
·         Finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil no 2009, por Dragal, a herdanza do dragón.
·         Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de 1º e 2º da ESO do 2012, por Dragal.





Ditulis Oleh : Unknown // 13:48
Kategori:

10 comentarios:

  1. me gusto mucho gracias a este resumen aprobé un examen ¡ gracias!!

    ResponderEliminar
  2. yo tengo un exam d eso... espero k me sirva para aprobaar!!!

    ResponderEliminar
  3. yo tambien ¡¡gracias!!

    ResponderEliminar
  4. PUES YO TENGO QUE HACER UN TRABAJO EN PAR POINT

    ResponderEliminar
  5. Tengo un examen deste libro, espero aprobar, este resumen me sirvió de mucho gracias

    ResponderEliminar
  6. gracias por el resumen.
    un saludo stefano

    ResponderEliminar
  7. yo una ficha del libro con resumen y valoracion y un examen a parte haber si cuela la ficha jjj

    ResponderEliminar

 

Entradas populares

Readers Lectors. Con la tecnología de Blogger.